|
Por que unha Semana da Ciencia?
Na sociedade de hoxe en día preténdese
que o alumnado teña unha cultura cada vez máis ampla, pero
non é posible aumentar indefinidamente o número de horas
de clase para que se podan explicar na escola todo o que hoxe se considera
que debe saber unha persoa culta. Tendo en conta a optatividade do ensino
da ciencia, hai alumnado que remata a educación secundaria con
moi pouca cultura científica mentres que a nova sociedade demanda
non só unha colección de coñecementos senón
tamén, e especialmente, a habilidade para buscar información
e analizala. E por isto que tratamos de desenvolver actividades nas que
os estudiantes se impliquen de xeito voluntario, facendo uso das técnicas
de experimentación interactiva que tanto éxito teñen
nos museos de ciencias.
Como
se articulou?
Para convertir o ensino e aprendizaxe da ciencia
nun verdadeiro xogo, o alumnado debe acercarse a ela dun xeito curioso
e inquisitivo. Na compaña dun monitor, os visitantes percorren
os grandes capítulos da física: mecánica, termodinámica,
ondas, electromagnetismo sen formalismos nin ecuacións, as veces
dun xeito sorprendente e/ou lúdico. O proxecto traducíuse
nunha exposición de experimentos físicos e químicos
que permitiran a calquera persoa entender os fenómenos e a súa
explicación. A nosa intención era visualizar e explicar
feitos cotiás coñecidos e familiares para todos dun xeito
interactivo e lúdico. A exposición pretendía ser
unha introducción á ciencia e, sobre todo, á súa
aplicación na vida cotiá. Non se pretendía tanto
incidir na parte teórica como na práctica ou manipulativa.
É de salienta-la utilización de material sinxelo ou de fácil
adquisición.
Nos Institutos IES A Xunqueira e IES de Poio realizáronse sendas
semanas de ciencia e tecnoloxía. No curso 2003-2004 as experiencias
presentadas recibiron un premio á innovación educativa por
parte da Consellería de Educación e O.U. da Xunta de Galicia.
Repetíuse o evento no curso 2004-2005 con novos experimentos. Aínda
que houbo experiencias de física, química, bioloxía,
xeoloxía e tecnoloxía, amosamos eiquí só as
experiencias de física.
As exposicións foron moi ben acollidas. Na primeira edición
a visitaron 1400 persoas e na segunda edición 1700 persoas de colexios
e institutos da bisbarra.
Agradecementos
Os autores agradecen ás institucións
que fixeron posible, coa súa colaboración, a realización
das exposicións: aos Concellos de Pontevedra e Poio, ao IES de
Poio, ao IES A Xunqueira de Pontevedra, á Consellería de
Educación e O.U. e a todo o profesorado e alumnado que participou
e contibuíu ao éxito das semanas.
|